miércoles, 7 de septiembre de 2011

DESPOIS DO ENTROIDO CANTAMOS E BAILAMOS CON ESTA CANCIÓN INFANTIL BRASILEIRA. MOVENDO AS PARTES DO CORPO ÁS QUE A FORMIGUIÑA VAI CHEGANDO...


Durante o mes de febreiro traballamos con esta canción dos teleñecos a iniciación a improvisación partindo da imitación: primeiro imitamos os personaxes do vídeo. Logo intentámolo (máis ben cos nenoa de 4 e 5 anos) cunha melodía ou secuencia de movemento "A" calquera e facemos rondas de improvisación con percusión corporal, co movemento ou coa voz...
Hacia finais do mes de xaneiro traballamos tamén a discriminación dalgúns instrumentos de percusión coa colaboración do nos amigo "Bombiño". E tamén o principio da audición "Nun Mercado Persa" de A. Ketelbey por medio deste musicograma, marcando o ritmo nos xeonllos, e despois co xogo das sillas...

Despois do Nadal comezamos con esta archicoñecida canción dos "payasos da tele". Servenos para cantar (como non), traballar o ritmo ternario, sustituir palabras por xestos e a súa vez tamén sustituir os xestos por instrumentos ou outras accións...

Coa chegada do Nadal cantamos esta canción baseada nunha coñecida melodía de orixe popular que Mozart utilizaría para a composición das súas famosas variacións para piano "AH, VOUS DIRAI-JE, MAMAN!" e que podedes escoitar no video que está despois da canción




Coa melodía de Grieg "Peer Gynt na cova do rei ad montaña", os Little Einsteins cantan a canción de "Truco Ou Trato hai que decir e despois repetir..." No medio dunha historia de fantasmas que acaban sendo instrumentos musicais


ESTA SEMANA ENTRÉGANSE OS CUADERNIÑOS COS DEBUXOS DAS CANCIÓNS PARA COLOREAR NA CASA. SON A MAIORIA DAS CANCIÓNS QUE IMOS TRABALLAR AO LONGO DO CURSO E NON HAI QUE LEVALAS ÁS CLASES. INCLÚE O ENLACE PARA ESCOITAR E VER OS VIDEOS NA REDE...
A primeiros de novembro e aprobeitando a celebración do Samaín, escoitamos e bailamos con este "terrorífico" vídeo de Wallt Disney. De tanto medo que pasamos os rapazes e rapazas non fan máis que pedirme que o poña outra vez...


Proseguimos con esta bonita canción hacia finais de outubro. Podemos traballar o recurso eco no principio da canción e a imitación de instrumentos no refrán...

Este é o final da aventura dos Little Eisteins "El cofre del tesoro". Foi a primeira audición que traballamos. É unha aventura de piratas na que imos viaxando por diferentes océanos ata que atopamos o tesouro.........
O fragmento musical é do IV acto da ópera cómica "Carmen" de Bizet...."

Esta canción de "Mamá Cabra" traballámola tamén a principios de curso.


DEBUXOS ANIMADOS PARA NENOS COS QUE OS PODEMOS INTRODUCIR NA MÚSICA CLÁSICA A TRAVÉS DAS SÚAS AVENTURAS CON FRAGMENTOS COMO "NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA" DE E. GRIEG NA AVENTURA DOS FANTASMAS DE HALLOWEEN. FRAGMETOS DA ÓPERA CÓMICA "CARMEN" DE BIZET NA AVENTURA DOS PIRATAS, ENTRE OUTROS...

Nesta aventura dos Little Einsteins traballamos un fragmento de "El sueño de una noche de verano" de Mendelsson: a famosa danza nupcial. Leo utiliza a música para cantarlle a súa mascota "Melodía"...
Esta canción facémola coa chegada do outono. Movémonos coma as árbores sacudidas polo vento e rematamos cunha retahíla popular ben coñecida


CON ESTA CANCIÓN DE DON PEPITO E DON JOSÉ, SAUDÁMONOS TODOS CON ALEGRÍA E DAMOS COMEZO AO NOVO CURSO...


DEBUXOS ANIMADOS PARA NENOS COS QUE OS PODEMOS INTRODUCIR NA MÚSICA CLÁSICA A TRAVÉS DAS SÚAS AVENTURAS CON FRAGMENTOS COMO "NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA" DE E. GRIEG NA AVENTURA DOS FANTASMAS DE HALLOWEEN. FRAGMETOS DA ÓPERA CÓMICA "CARMEN" DE BIZET NA AVENTURA DOS PIRATAS, ENTRE OUTROS...

VALORES